Uncategorized

XOÁN POMBO, dorsal 1 da Gran Bikedada 2022: unha fermosa historia de bicis e saúde

En eventos como A Gran Bikedada, o dorsal 1, polo xeral, reservase para un participante cunha traxectoria no ciclismo ampla e laureada. Non será exactamente este o caso NA Gran Bikedada 2022 no estrito sentido deportivo, aínda que detrás do dorsal número 1 atopamos unha fantástica historia, que fala do que como o deporte, en xeral, e o deporte da bicicleta, en particular, pode axudar a mellorar a calidade de vida dunha persoa, tanto no aspecto físico como emocional a calquera idade.

O dorsal 1 da Gran Bikedada sempre se adxudicou dun xeito bastante aleatorio, pero neste caso fíxose a través dun sorteo entre aqueles participantes que máis madrugan a inscribirse, porque entendemos A Gran Bikedada como unha proba por e para os participantes, e resultou gañador Xoán Pombo, do Club Ciclista Ribadumia (Pontevedra).

Xoán, que lucirá o dorsal 1 o 20 de febreiro de 2022, non  ten un palmarés importante como ciclista, porque nunca foi profesional deste deporte, nin sequera practicou ciclismo nos seus anos mozos, pero a súa experiencia no mundo do ciclismo ofrece un denso contido humano e podería ser tomada como un exemplo moi edificante.

Descubrindo un pouco a Xoán Pombo

Imos xa a descubrir un pouco a Xoán Pombo, que participou en dúas edicións de A Gran Bikedada. A do 2022 será a terceira e, como quedou dito, corresponderalle lucir o dorsal número 1.

Dende cando a afección a bici?

Dende moi cativo xa me gustaban as bicis, teño unha lembranza de cando tiña 8 anos e ía cos meu avós a mercar unha bici… foi espectacular, o mellor regalo que nunca tiven!

Despois de iso pasou o tempo, uns 45 anos, ata 2018 que comecei (aos 53 anos) de novo a subir na bici e ata hoxe non paro. Pasei de 88 kg a 73 kg, de fumar a deixalo, de ter o colesterol polas nubes a non ter este problema, a coñecer amigos novos, a desfrutar da natureza, das rutas, do monte…

Cantos quilómetros fas habitualmente ao ano?

Pois como dixen antes, non paro (espero que a miña médico de cabeceira non se decate disto…). Dende 2018 ata 2021 fixen máis de 31000 km, máis dunha volta arredor do mundo. Sobre 8000 km ao ano. E non penso parar…

Cales son as túas rutas favoritas nas túas saídas?

As rutas que máis me gustan son as rodadoras, subir altos e facer quilómetros. En definitiva XC.

Con que pretensións andas en bicicleta?

Por saúde, por deporte, por coñecer amigos e desfrutar da natureza. Por certo, cada vez e en só 3 anos que levo saído en bici, vexo o monte máis desfeitos pola avaricia madereira! O emprego de maquinaria pesada, e incluso maquinaria con eiruga, ocasiona a desfeita de corredoiras e camiños antigos e iso é moi, moi triste. Síntoo pero teño que dicilo e quero que isto se saiba.

Organizades saídas os compañeiros do CC Ribadumia?

Si claro, un club de recente creación (2017) que dende a súa creación nace como “Escola de Ciclismo”. Actualmente ten máis de 120 alumnos de diferentes idades dende 3 anos ata os 16 anos.  Número total de afiliados 160 en só 4 anos de existencia.

Como ves A Gran Bikedada e que lembranzas tes das dúas edicións anteriores?

É unha bonita ruta rodadora con un percorrido singular que parte do centro da cidade e sube a pleno monte con varias alternativas para todo tipo de participantes. Dende logo, persoalmente é das rutas que máis me gustan e, mentres poida, participarei nas edicións vindeiras.

No 2019 foi a miña primeira participación, a miña terceira BTT e lembro que tiña dúbidas por se podería rematar a Gran Bikedada,… pois fantástico rematei e moi ben. Foi a miña primeira ruta longa. Na do 2020 xa fun máis confiado y con máis experiencia, moitísima lama, un gran reto! 

DOA A SÚA COTA DE INSCRICIÓN PARA FINS BENÉFICOS

Neste caso, Xoan Pombo, ao resultar premiado tiña dereito á devolución da cota de inscrición, pero decidiu doala para o Dorsal Social 1000, do proxecto Red Concordia en Guatemala. O noso máis sincero agradecemento.

Integrantes do Club Ciclista Ribadumia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s